Amosando publicacións coa etiqueta ortegal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ortegal. Amosar todas as publicacións

venres, 13 de maio de 2016

Evento: Gastro-Ortegal

Dende E ti que fas no ortegal queremos convidar a todos os veciños e veciñas da comarca do Ortegal a participar nun encontro sen precedentes na nosa comarca: unha xuntanza gastronómica feita por todos e cada un de nós.

A cita é o vindeiro domingo 29 de maio entre as 13:30 e as 15:30, na pranta baixa do mercado municipal de Ortigueira.

mércores, 23 de decembro de 2015

Sendeirismo de Nadal


O Concello de Ortigueira conxuntamente con Roteiros organiza para estas festas de Nadal,tres rutas de sendeirismo pola comarca do Ortegal: a ruta das lendas da Faladoira, a dos cantís de Loiba e a de Santo André de Teixido.

domingo, 19 de abril de 2015

Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal

A Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal nace para apoiar o proxecto de creación do Xeoparque do Cabo Ortegal.  A finalidade dun xeoparque vai mais alá da mera conservación e divulgación da riqueza xeolóxica dun territorio. Tan importante coma isto será promover o desenvolvemento sostible da comarca.

luns, 16 de marzo de 2015

ACO axúdache a mercar o agasallo do día do pai

A Asociación de Comerciantes de Ortigueiro con motivo da festividade do día do pai sortea, entre os usuarios do comercio ortegano, vales para compras realizadas no comercio de Ortigueira, por un importe de 600€. Os interesados nesta promoción poden consultar as bases nos establecementos participantes.

domingo, 26 de outubro de 2014

Oficina de fomento cooperativo do Ortegal

A OFC do Ortegal é una oficina itinerante nos concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, que comezou a súa andaina o pasado 6 de outubro grazas ao apoio da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar a través da Subdirección Xeral de Cooperativas e Economía Social, e ao financiamento do Fondo Social Europeo.

martes, 7 de outubro de 2014

Asamblea Xeral da asocición Terras do Ortegal

O vindeiro venres 10 de outubro ás 7 da tarde no Centro de Visitantes de Ortigueira, terá lugar a Asamblea Xeral 2014 da asociación Terras do Ortegal que edita a revista do mesmo nome. Esperamos a todos aqueles que estean  interesados,  coa súa asistencia á este evento.

mércores, 23 de xullo de 2014

Presentación do número 1 da revista Terras do Ortegal

O próximo xoves, 24 de xullo, ás 7 da tarde, terá lugar na Fundación Ortegalia de Ortigueira o acto de presentación da nova revista Terras do Ortegal, editada pola asociación constituida baixo o mesmo nome. O número 1 da publicación, cunha extensión total de 180 páxinas e formato libro, acolle artigos de autores da comarca ou relacionados con ela.

mércores, 2 de xullo de 2014

Disfruto Ortigueira, Merca no teu pobo.

A Asociación de Comerciantes de Ortigueira ven de convocar  unha campaña de verán para premiar a todos aqueles que merquen en Ortigueira durante este verán, nos comercios asociados . A campaña comeza o 1 de xullo e remata o 31 de agosto.

venres, 13 de xuño de 2014

Exposición As Ghaivotas en Galería In, Espasante

Durante este mes de xuño e principios de xullo poderase visitar a exposición de As Ghaivotas na Galería In de Espasante. As obras deste grupo de afeccionadas da nosa comarca están realizada na nosa contorna. Son un grupo de afeccionadas á pintura que comerzaron a pintar na Escola Aberta de Arte e máis tarde ao quedarse sen profesor deciciron seguir a aventura soas.

mércores, 4 de xuño de 2014

Encontro cos compoñentes do Consorcio da Ribeira Sacra

 A PLATAFORMA ORTEGAL ten por fin xenerar un PLAN DE DINAMIZACIÓN para toda a comarca. Por iso ven de invitar aos compoñentes do Consorcio da Ribeira Sacra a que nos visitarán este xoves  5 e o vernes 6  para contarnos o seu proceso de creación como selo Turístico e o seu modelo de xestión.

luns, 12 de maio de 2014

Nace formalmente a Asociación Terras do Ortegal

A Asociación promotora da revista TERRAS DO ORTEGAL foi inscrita recentemente pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no Rexistro de asociacións da Xunta de Galicia co nome de Asociación TERRAS DO ORTEGAL, e número de rexistro 2014/018354-1. Ao tempo, foron visados e aprobados os Estatutos sociais da entidade.

mércores, 2 de abril de 2014

I Encontro de BTT

O domingo 6 de abril, haberá un encontro de BTT con saída ás 9:30 da Ría de Mera para realizar un percorrido poola zona do Ortegal de 50 km máis ou menos (unhas 4 horas).

Haberá unha quedada para xantar en Casa Giz despois da ruta para aqueles que queiran confraternizar un pouco máis. O xantar págase a escote.

venres, 14 de marzo de 2014

Oferta para Ortigueira runners

Antes de que nos cambien a hora a fins de marzo, dende Ortigueira Runners queremos aproveitar para despedir o horario de inverno como se merece: cunha saída nocturna pola praia.

Dende Ciclos Cociña fannos unha interesante oferta en frontais para que ninguén teña excusa para non asistir.

venres, 21 de febreiro de 2014

Animales Ortegal


"Animales ortegal" é unha páxina de Facebook para difundir casos de animais abandoados que buscan un fogar, animais que se regalan, pérdidas ou animais atopados.

Detrás desta iniciativa están María López, Laura (a veterinaria de Aristovet) e Tamara (peluqueira canina).

luns, 27 de xaneiro de 2014

Nace Terras do Ortegal


Acaba de porse en marcha a revista de estudos locais Terras do Ortegal. O primeiro número desta nova revista verá a luz no vindeiro mes de xullo, dentro de seis meses. Todos aqueles que desexen participar na elaboración deste novo evento que nace na comarca do ortegal son ben vidos a colaborar.

domingo, 5 de xaneiro de 2014

Presentación de E ti que fas no Ortegal? en Cariño

O próximo  martes 7 de xaneiro ás 7 da tarde terá lugar, no local social de Cariño ( planta baixa da Casa do Concello), a presentación pública nesa localidade do proxecto "E ti que fas no Ortegal?".
O proxecto "E ti que fas no Ortegal?" xorde das inquedanzas dun grupo veciñal que pretende poñer en valor a comarca do Ortegal.

venres, 20 de decembro de 2013

Proxecto de revista de estudos da comarca do ortegal

Un grupo de persoas estamos preparando o proxecto de edición dunha revista de estudos locais que acolla traballos de difusión e investigación no ámbito cultural e histórico da comarca do Ortegal.

venres, 29 de novembro de 2013

I Festa do outono

A Comisión de festa Santa Marta 2014, coa colaborción da Asociación de Comerciantes do Ortegal, organiza a I festa do outono o vindeiro sábado 7 de decembro a partir das 21 horas na Alameda de Ortigueira. A festa contará cun baile amenizado polo Dúo Boreal e Dj Rango.

Conservas "La Pureza"

Conservas La Pureza elabora conservas de peixe artesanalmente dende 1924. La Pureza aposta pola calidade dos seus produtos seleccionando peixes de primeria calidade e poñendo gran esmero en todo o proceso de elaboración. Como resultado, obteñen conservas de excelente calidade.

sábado, 23 de novembro de 2013

Hotel "El castaño dormilón"

Entre  altos cantís e praias de area branca, atópase esta antiga escola renovada para crear un aloxamento que mantén a súa beleza orixinal, combinandoa cun deseño interior contemporáneo e enerxías renovables en 11 habitacións destinadas ó teu descanso e relaxación.