venres, 29 de novembro de 2013

Conservas "La Pureza"

Conservas La Pureza elabora conservas de peixe artesanalmente dende 1924. La Pureza aposta pola calidade dos seus produtos seleccionando peixes de primeria calidade e poñendo gran esmero en todo o proceso de elaboración. Como resultado, obteñen conservas de excelente calidade.

As súas especialidades seducen aos padais máis esixentes, sendo o produto estrela o bonito en todas as súas variedades (en aceite de oliva, en escabeche, ao natural, sin sal) ou as súas exquisitas ventrescas.

Amén do bonito, elaboran outras moitas conservas como atún, filete de caballa, sardiña, xurel, agulla, bogas, calamares, polbo, bacallao, congrio, anchoas, mexilóns, zamburiñas... todas elas de gran calidade.

Datos de contacto

 

C/ Río Grande, nº2 
15360 Cariño (A Coruña)

 
conservaslapureza@lapureza.net
981 40 50 04
www.lapureza.net e Facebook de La Pureza