Dende E ti que fas no ortegal queremos convidar a todos os veciños e veciñas da comarca do Ortegal a participar nun encontro sen precedentes na nosa comarca: unha xuntanza gastronómica feita por todos e cada un de nós.
A cita é o vindeiro domingo 29 de maio entre as 13:30 e as 15:30, na pranta baixa do mercado municipal de Ortigueira.
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura b>. Amosar todas as publicacións
venres, 13 de maio de 2016
martes, 6 de outubro de 2015
Programación de actividades para outubro en Ortigueira
Para este mes de outubro, o concello de Ortigueira promagrama un mes cheo de actividades de todo tipo: cine, teatro, música, conferencias,maxia, concertos e exposicións. Como podedes ver é un mes cheop de actividades para todos os gustos.
xoves, 21 de maio de 2015
Representación teatral en O Vicedo
O vindeiro 23 de maio ás 21:00 representarase na Casa da Cultura de O Vicedo a obra teatral "Rodesindo da Barrosa". A representación estará a cargo da compañía teatral Volta e Dalle.
Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo).
O actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo.
Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo).
O actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo.
martes, 7 de outubro de 2014
Asamblea Xeral da asocición Terras do Ortegal
O vindeiro venres 10 de outubro ás 7 da tarde no Centro de Visitantes de Ortigueira, terá lugar a Asamblea Xeral 2014 da asociación Terras do Ortegal que edita a revista do mesmo nome. Esperamos a todos aqueles que estean interesados, coa súa asistencia á este evento.
luns, 5 de maio de 2014
XI Festa dos Maios en Ortigueira
O próximo xoves día 8 de maio vaiese celebrar en Ortigueira a XI Festa dos Maios. Todos aqueles que queiran participar na elaboración dos maios poden facelo acudindo á Praza de Isabel II a partires das 17:00 do día 8. Animate!!!
venres, 20 de decembro de 2013
Proxecto de revista de estudos da comarca do ortegal
Un grupo de persoas estamos preparando o proxecto de edición dunha revista de estudos locais que acolla traballos de difusión e investigación no ámbito cultural e histórico da comarca do Ortegal.





