Amosando publicacións coa etiqueta turismo rural. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta turismo rural. Amosar todas as publicacións

sábado, 23 de novembro de 2013

Hotel "El castaño dormilón"

Entre  altos cantís e praias de area branca, atópase esta antiga escola renovada para crear un aloxamento que mantén a súa beleza orixinal, combinandoa cun deseño interior contemporáneo e enerxías renovables en 11 habitacións destinadas ó teu descanso e relaxación.

martes, 19 de novembro de 2013

Hotel A Miranda

O Hotel A Miranda é un espazo deseñado polo arquitecto Jorge Cao Abad con fermosas vistas á ría de Ortigueira e montaña.

Este hotel consta de 6 habitacións dobres, cinco de elas con terraza con vistas á ría e á montaña, e unha suite de dúas prantas.

xoves, 31 de outubro de 2013

Casa de turismo rural e espazo Ultreia


"Turismo rural e algo máis..."

Rodeada da maior castiñeira da Comarca, a casa rural Ultreia ofrece aloxamento e un espazo natural único para a realización de pequenos eventos.