Desde a Fundación Ortegalia, invitan a participar na XIII Festa dos Maios. A celebración terá lugar este xoves 5 de maio, a partir das 17:00h., na Praza de Isabel II.
Haberá lambetadas para tod@s e un regalo sorpresa para o maio mellor decorado.
Achegádevos a divertirvos participando nesta festa cuxos orixes pérdense no tempo.
Amosando publicacións coa etiqueta festa b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festa b>. Amosar todas as publicacións
martes, 3 de maio de 2016
mércores, 30 de decembro de 2015
Festa de Fin de Ano da ANPA do Vicedo
A Asociación de Nais e Pais do colexio do Vicedo celebra este ano por primeira vez unha minifesta anticipada de fin de ano. Será ás 12 da mañá do día de mañá 31 de decembro na sala de exposicións da Casa da Cultura, os nenos e nenas de educación primaria e secundaria poderán pasarse por alí para escoitar as campanadas (tomando 12 minichocolatinas), e celebrar un novo ano.
Para asistir á festa non é necesario ser socio da Asociación.
Para asistir á festa non é necesario ser socio da Asociación.
martes, 1 de decembro de 2015
XXVII Festa do marisco no Barqueiro
Os días 4 e 5 de decembro vaise desenvolver no Porto do Barqueiro a XXVII Festa do marisco. A festa está chea de actividades diversas dende actuacións de bandas de música, chrangas e verbena amenizada por un grupo musical e por suposto de xantar con marisco variado. Pódese ver aquí o programa completo do evento.
xoves, 26 de novembro de 2015
Festa do marisco no Barqueiro
O vindeiro 4 e 5 de decembro vaise celebrar n'O Barqueiro a XX Festa do marisco. Haberá actuacións musicais, bandas de música, charangas e xantar a base de marisco variado por 14 €. E pola noite verbena.
martes, 14 de xullo de 2015
Festa do cabalo en O Vicedo
O próximo 19 de xullo celébrase en O Vicedo a festa do cabalo. O evento transcurrirá no mirador do Parque Eólico de Riobarba. Para esta ocasión repartiranse premios por valor de 1.200€ .
sábado, 3 de xaneiro de 2015
ReisPichoca con Baile 100% con Os Cempés nas Grañas
O vindeiro luns día 5, O Son do Sor celebra no Barqueiro a primeira foliada do ano. O lugar será o noso local da Asociación que está na estrada que vai do Barqueiro a Bares xusto despois do cruce a esquerda.
Teremos o privilexio de que o grupo Os Cempés ven para dar un obradoiro de baile; aprenderanse bailes agarrados, soltos en roda....e despois poñerémolos en práctica todo guiado e coa música de Os Cempés.
Teremos o privilexio de que o grupo Os Cempés ven para dar un obradoiro de baile; aprenderanse bailes agarrados, soltos en roda....e despois poñerémolos en práctica todo guiado e coa música de Os Cempés.
domingo, 26 de outubro de 2014
XII festa dos calabazotes en Ortigueira
Estades todos invitados a participar na XII festa do calabazote que se vai celebrar o próximo día 31 de outubro no claustro do Concello de Ortigueira. Na festa haberá concurso de cavazas, taller de maquillaxe e actuación do mago Marttyn.
xoves, 9 de outubro de 2014
Festas na Abarqueira
Dende o venres 10 de outubro ata o domingo 11 parece que vai haber unha animada festa na Abarqueira coa participación de afamadas orquestas, xantar popular e con carpa en previsión de que faga mal tempo.
venres, 19 de setembro de 2014
Festa en Grañas
Os próximos días 4 e 5 de outubro os veciños de Grañas van celebrar a Festa do Outono na honra de Virxe do Rosario. Haberá animadas verbenas a carga de coñecidas orquestras, procesión, sesión vermú, e demais cousas propias deste tipo de celebracións. Para que todos podan disfrutar da festa e o tempo non impida facelo agusto contarase cunha carpa cuberta. Ánimo e a disfrutar todos da festa.
venres, 24 de xaneiro de 2014
Romaría de San Xiao do Trebo
O próximo día 25 de xaneiro vaise celebrar a romaría de San Xiao do Trebo. Haberá un servizo de minibús dende a Tortela en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Na romaría poderémolo pasar moi ben xa que teremos a oportunidade de degustar unhas saborosas consevas da localidade e divertirnos coas actuacións musicais.
luns, 6 de xaneiro de 2014
Festas en Loiba o 6, 7, e 11 de xaneiro
Nos próximos días 6, 7 e 11 de xaneiro, vanse celebrar en Loiba as festas na honra de San Julián. Nestes tres días de festa haberá actividades variadas: sesión vermú, corais, verbenas con actuacións diversas... Organizaranse dúas grandes verbenas e unha gran churrascada que se celebrará o 11 de xaneiro.
venres, 29 de novembro de 2013
I Festa do outono
A Comisión de festa Santa Marta 2014, coa colaborción da Asociación de Comerciantes do Ortegal, organiza a I festa do outono o vindeiro sábado 7 de decembro a partir das 21 horas na Alameda de Ortigueira. A festa contará cun baile amenizado polo Dúo Boreal e Dj Rango.










