A Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal nace para apoiar o proxecto de creación do Xeoparque do Cabo Ortegal. A finalidade dun xeoparque vai mais alá da mera conservación e divulgación da riqueza xeolóxica dun territorio. Tan importante coma isto será promover o desenvolvemento sostible da comarca.
A iniciativa do proxecto do Xeoparque xurde de Francisco Canosa Martínez, doutor en Xeoloxía e moi coñecedor da zona. Entrevista en La Voz de Galicia a Francisco Canosa pódese ver aquí . A inscrición na asociación non implica o pago de cuotas nin ningunha outra obriga, só manifesta o apoio da persoa inscrita ao proxecto de creación do Xeoparque. Para informarte do proxecto visita o blog da asociación e alí obterás mais información e tamén poderás formalizar a túa inscrición.
Proximamente realizaranse unhas charlas para presentar o proxecto:
-Cedeira, 25 de abril ás 11:30 en Espazo Xove
-Valdoviño, 27 de abril ás 18:30 no Auditorio
-San Sadurniño, 29 de abril ás 19:00 no Pazo da Marquesa
-Cariño, 30 de abril ás 19:30 no Local Social
-Ortigueira, 2 de maio ás 12:00 na Fundación Ortegalia
-As Somozas, 6 de maio ás 18:00 no Centro Cívico A Garita
-Cerdido, 8 de maio ás 20:00 na Casa da Cultura ou Casa do Concello
