Amosando publicacións coa etiqueta correr. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correr. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de xullo de 2015

IV Carreira popular Concello de Ortigueira

O 8 de agosto celebrarase a IV Carreira Popular Concello de Ortigueira. A saída e chegada do evente efecturarase na zona dos xardíns da Alameda. Neste evento poderán participar todas as categorias dende prebenxamín ata veteráns. Para participar na carreira haberá apuntarse en www.cronotec.com onde tamén se poderá encontrar toda a información sobre a carreira. O evento contará coa presenza do exatleta olímpico Alejandro Gomez.

mércores, 22 de abril de 2015

Preparación da carreira do día da muller

Queres correr e nunca te atreviche? Esta é a túa oportunidade. O vindeiro luns 27 de abril ás 19:00 horas terá lugar a charla de presentación do reto para a preparación da carreira da muller 2015. Tes unha cita no centro de participación de San Roque (Barrio do Ponto) á que non podes faltar. Na charla explicarase en qué consiste o reto e qué imos facer para chegar a alcanzalo.

xoves, 21 de agosto de 2014

VI Carreira Popular San Bartolomé 2014

O sábado 23 de agosto ás 18:00 comeza a VI Carreira Popular San Bartolomé 2014 con saída no covertizo do Paseo Marítimo. Inscrición na Casa da Cultura ata o 23 de agosto ás 13:00. Haberá diferentes categorias dende pre-benxamíns ata veteráns. Distancia aproximada 6,400 KM. Organizada polo Concello de Cariño.

venres, 14 de marzo de 2014

Oferta para Ortigueira runners

Antes de que nos cambien a hora a fins de marzo, dende Ortigueira Runners queremos aproveitar para despedir o horario de inverno como se merece: cunha saída nocturna pola praia.

Dende Ciclos Cociña fannos unha interesante oferta en frontais para que ninguén teña excusa para non asistir.

domingo, 22 de decembro de 2013

Aviso Nadal Ortigueira runners

Aviso para os Ortigueira runners:  o vindeiro 25 de Nadal de 2013, como é un día especial, faremos a nosa habitual quedada dos mércores pero pola mañá, ás 11:00. O punto de encontro é o aparcadoiro da praia de Morouzos (xunto ao campo de fútbol).

xoves, 12 de decembro de 2013

Ortigueira runners

Ortigueira runners é un grupo de corredores aberto a todas aquelas persoas, homes e mulleres, que desexen saír a correr xuntas para manterse en forma e pasar un anaco en boa compaña.

O grupo reúnese todos os mércores ás 20:15 diante da oficina de correos de Ortigueira.

luns, 9 de decembro de 2013

Remata o 2013 correndo

Queres rematar o ano correndo? Pois non o dubides, non te perdas a quedada de San Silvestre o día 31 de decembro. A saída da carreira terá lugar da praza da Alameda, Ortigueira, ás 17:30. O percorrido terá unha lonxitude de 7 kilómetros e haberá chocolate para os participantes na cafetería Alameda.