Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta presentación. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de xullo de 2014

Presentación do número 1 da revista Terras do Ortegal

O próximo xoves, 24 de xullo, ás 7 da tarde, terá lugar na Fundación Ortegalia de Ortigueira o acto de presentación da nova revista Terras do Ortegal, editada pola asociación constituida baixo o mesmo nome. O número 1 da publicación, cunha extensión total de 180 páxinas e formato libro, acolle artigos de autores da comarca ou relacionados con ela.

domingo, 5 de xaneiro de 2014

Presentación de E ti que fas no Ortegal? en Cariño

O próximo  martes 7 de xaneiro ás 7 da tarde terá lugar, no local social de Cariño ( planta baixa da Casa do Concello), a presentación pública nesa localidade do proxecto "E ti que fas no Ortegal?".
O proxecto "E ti que fas no Ortegal?" xorde das inquedanzas dun grupo veciñal que pretende poñer en valor a comarca do Ortegal.