Amosando publicacións coa etiqueta Empresas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Empresas. Amosar todas as publicacións

xoves, 16 de xuño de 2016

Volviendo a ser, unha nova iniciativa emprendedora

Siguen a proliferar as iniciativas emprendedoras na nosa comarca. Nesta ocasión, Alba Madrileño, veciña de Couzadoiro,  ven de poñer en marcha o seu novo proxecto profesional de coaching consciente e PSYCH-K a través do seu espazo "Volviendo a ser" no que prestará servizos encamiñamos á transformación persoal e á creacion consciente.

Máis  información na súa web: http://www.volviendoaser.com

luns, 29 de febreiro de 2016

Lolas´s dream: tenda de complementos

Lola´s dream é unha tenda  online de complementosm tanto para adultos como para nenos e nenas e incluso bebes. Os complementes que elaboran son feitos totalmente a man. Nesta dirección de internet pódense atopar mostras dos complementos que elaboran.


martes, 2 de decembro de 2014

Oferta no Hamza-Donner Kebab ata o 10 de decembro

Achéganos información do Hamiza.Donner Kebba dunha oferta dunha  selección dos seus platos típicos. Para todos aqueles que queirades disfrutar desta oferta aproveitade xaque só dura ata o día 10 de decembro.


mércores, 8 de outubro de 2014

Oferta de traballo en Ortigueira: deseñador gráfico web

En Contidos Dixitais buscan un/unha deseñador/a gráfico web para incorporación á súa plantilla. Aquelas persoas interesadas nesta oferta poden ver as condicións que se precisan e a oferta completa aquí.

xoves, 11 de setembro de 2014

Eplus imprenta dixital en Ortigueira

Acaba de iniciar a súa andaina en Ortigueira unha impretan dixital Eplus que dirixe os seus servizos tanto a particulares como a empresas. Esta nova imprenta dixital ofrece os seus servizos dende a libreria 3es situada rúa José Buide nº 9 en Ortigueira. Realizan:  deseño corporativo, merchandising, comunicación, impresión express... Para máis información pódese ver aquí.

martes, 1 de abril de 2014

Osíxeno Surf, unha escola de Surf

Osíxeno Surf é unha tenda-escola de Surf, escola oficial da Federación Galega de Suf. Organizan cursos de surf, bodyboard, skate e paddlesurf con material incluido, transporte e seguros na zona de Ortegal e A Mariña. A escola ten a súa base en Esteiro- O Barqueiro.

mércores, 26 de marzo de 2014

Fotografía profesional e creativa Marcelo Cortés

Marcelo Cortés Fraguela dedícase á fotografía natural e creativa para el cada fotografía é un momento e unha sensación vivida e disfrutada. Realiza fotografía profesional e creativa de bodas, eventos, books, moda, infantil, bautizos book bebe... Tanto en exteriores como en estudio.

martes, 25 de marzo de 2014

Óptica Ortigueria e Óptica Cariño

Somos Óptica Ortigueira e Óptica Cariño e ofrecemos un servicio de Atención Primaria de Saúde Visual. Valoramos á capacidad visual e auditiva da xente e ofrecemos axudas compensatorias tales como gafas, lentillas, audífonos...

luns, 27 de xaneiro de 2014

Espacio Jardín SC

Espacio Jardín é unha empresa que naceu en xullo de 2013, pero cunha experiencia de máis de 10 anos na creación, execución e mantemento de xardíns e zonas verdes. Entre os nosos traballos máis innovadores destacan a creación de muros verdes, cubertas axardinadas e a instalación e mantemento de robots cortacéspede.

luns, 23 de decembro de 2013

Thermomix na comarca do Ortegal

Dolores Piñón Pérez adícase á venda de electrodomésticos e recentemente ven de iniciar a súa actividade como distribuidora e presentadora de Thermomix na comarca do Ortegal. Fai demostracións e clases de cociña gratuitas. Se queres coñer as bondades deste aparato, non dubides en contactar con ela. 


xoves, 19 de decembro de 2013

DN+ Arquitectura

DN + Arquitectura nace tras unha reflexión sobre o xeito que os arquitectos influimos no vivir dos habitantes e, polo tanto, caracterízase pola profunda sensibilidade que se debería posuír.

Un dos seus principais obxectivos é a recuperación ou rehabilitación urbana.



mércores, 18 de decembro de 2013

Supermercados La Tienda



Temos un novo supermercado en Ortigueira: La Tienda.Unha nova forma de supermercado, baseado na calidade dos productos, primeiro galegos e despois nacionais, formado por xente nova e dinamica disposta a informar e axudar en todo o posible aos clientes. 

venres, 29 de novembro de 2013

Conservas "La Pureza"

Conservas La Pureza elabora conservas de peixe artesanalmente dende 1924. La Pureza aposta pola calidade dos seus produtos seleccionando peixes de primeria calidade e poñendo gran esmero en todo o proceso de elaboración. Como resultado, obteñen conservas de excelente calidade.

xoves, 28 de novembro de 2013

Doma natural, unha experiencia diferente

Caballo natural é un proxecto de Sonia Delgada e Dalal Alfine centrado no mundo do cabalo e que se pode visitar en Labrada, Mañón. Nos seus talleres e rutas nos que che ensinan a relacionarte cos cabalos, ofrecen a oportunidade de  sumerxirte completamente no mundo equino, coñecendo ós cabalos plenamente no seu contorno natural.

sábado, 23 de novembro de 2013

D&M roupa infantil

D&M ten detrás a Diana e Melisa, dúas irmás que fai catro anos decidiron montar en Cariño unha tenda na que poñen á venda roupa infatil e complementos para os máis pequenos. Se tes nenos ou nenas entre os 0 e os 16 anos, en D&M atoparás todo o necesario para vestilos á última moda. 

venres, 22 de novembro de 2013

Mundo diversión

"Mundo Diversión" adícase á organización de actividades de animación e tempo libre dirixidas fundamentalmente a nenos e nenas.

Á fronte desta empresa empresa atopamos a Diana Amado Piñón, veciña de Ortigueira que nos conta qué tipo de servizos ofrece a súa empresa.

xoves, 21 de novembro de 2013

Panificadora de Cariño

Na Panificadora de Cariño (Murela) elaboran pan, doces, empanadas variadas e roscos, usando materiais da mellor calidade posible.

Entre as súas empanadas atópanse as seguintes variedades: bonito, bacallao, bacallao con pasas, zorza, berberechos, mexilóns...

martes, 19 de novembro de 2013

Panadería Armando

Panadería artesana dende hai máis de 30 anos. Fabrican con materia prima de primeira calidade e usando receitas tradicionais: pan, empanadas, roscóns, larpeiras, pastelóns, pan de pasas e noces, bizcochadas, panqués, pasteis e tartas variadas.

luns, 18 de novembro de 2013

Conservas Amieiro

Conservas Vexetais e Marmeladas Amieiro é unha pequena fábrica creada en Cariño no ano 2000. Os seus produtos están elaborados a base de diferentes froitas e vexetais frescos e de orixe galego, sobre todo da comarca do Ortegal.

xoves, 14 de novembro de 2013

Toni Rego

¿Necesitas cubrir fotograficamente un evento? ¿Queres que che saquen o teu mellor perfil? Pois que mellor que facelo con alguén da comarca.

Hoxe presentamos a Antonio José Salgueiro Rego, profesionalmente coñecido como Toni Rego, un profesional que conta cun negocio de fotografía en Ortigueira.