Amosando publicacións coa etiqueta Morouzos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Morouzos. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de marzo de 2014

Saída nocturna de Ortigueira runners

Como xa avanzamos fai uns días, os Ortigueira runners imos facer unha saída especial para despedir o inverno e festexar que ata dentro dunha boa morea de meses non teremos que saír a correr na máis profunda oscuridade.

venres, 14 de marzo de 2014

Oferta para Ortigueira runners

Antes de que nos cambien a hora a fins de marzo, dende Ortigueira Runners queremos aproveitar para despedir o horario de inverno como se merece: cunha saída nocturna pola praia.

Dende Ciclos Cociña fannos unha interesante oferta en frontais para que ninguén teña excusa para non asistir.

domingo, 22 de decembro de 2013

Aviso Nadal Ortigueira runners

Aviso para os Ortigueira runners:  o vindeiro 25 de Nadal de 2013, como é un día especial, faremos a nosa habitual quedada dos mércores pero pola mañá, ás 11:00. O punto de encontro é o aparcadoiro da praia de Morouzos (xunto ao campo de fútbol).

xoves, 28 de novembro de 2013

Xornadas de fútbol

Os vindeiros 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro celebraránse varios partidos de fútbol de cadetes e intantís, de fútbol feminino e da liga de 2ª autonómica nos campos de Aneiros, Atios, San Claudio e Morouzos.