venres, 13 de maio de 2016

Evento: Gastro-Ortegal

Dende E ti que fas no ortegal queremos convidar a todos os veciños e veciñas da comarca do Ortegal a participar nun encontro sen precedentes na nosa comarca: unha xuntanza gastronómica feita por todos e cada un de nós.

A cita é o vindeiro domingo 29 de maio entre as 13:30 e as 15:30, na pranta baixa do mercado municipal de Ortigueira.




Qué queremos facer?

Queremos celebrar un encontro de gastronomía intercultural con platos elaborados y degustados polos veciños e veciñas da Comarca de Ortegal, un encontro de celebración da diversidade e do diálogo entre culturas.

O obxectivo desta xornada é promover o coñecemento entre veciños, facendo especial fincapé na integración social das persoas que, procedentes de outros países, están afincadas na comarca.

Queres participar?

Poderán participar como “anfitrións” as persoas maiores de 18 anos residentes nalgún dos concellos da comarca de Ortegal, sen distinción do seu país de procedencia ou nacionalidade.

Como “comensais” poderán asistir ao encontro todas aquelas persoas que o desexen, aínda que non elaborasen comida.


 Como participar?

Os interesados poderán realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico antes do 26 de maio de 2016 a etiquefasnoortegal@gmail.com, indicando os seguintes datos:

-        Nome e apelidos
-        Enderezo e teléfono de contacto:
-        Nacionalidade ou orixe do prato/s
-        Nome do prato e características:
·        Breve descripción
·        Frío ou quente
·        Doce ou salgado (plato principal ou postre)
·        Vexetariano ou non
·        Indicación alerxias: gluten, lacteos, etc.

Dende Etiquefas confirmaremos a aceptación da candidatura ao “anfitrión” por correo electrónico e enviaremos información específica sobre o desenvolvemento do encontro a cada participante.

Cada “anfritrión” asumirá os custes da preparación do prato do seu país e todo aquel material que se precise para elaboralo.

O evento é totalmente gratuito para os asistentes á degustación.


Que é "Etiquefasnoortegal"? 

E ti que fas no Ortegal é unha agrupación informal de veciños e veciñas da comarca do Ortegal interesados en xerar un movemento cidadán encamiñado a revalorizar e promover o desenvolvemento integral da comarca do Ortegal (Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido e Mañón).