Amosando publicacións coa etiqueta deporte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta deporte. Amosar todas as publicacións

mércores, 23 de marzo de 2016

Entre o faro máis norteño da península e os cantís máis altos de Europa está o pobo pesqueiro de Cariño. Mestura entre tranquilidade e natureza en estado puro é o lugar idóneo para celebrar un raid de aventura e gozar das paisaxes que nos ofrece, onde mais do 70%  da súa extensión está considerado como zona protexida.

mércores, 6 de agosto de 2014

III Carreira popular de Ortigueira

O vindeiro sábado 9 de agosto dende as 18:30 horas comezará a III Carreira popular de Ortigueira na que poderán participar atelas de diferentes categorías. Haberá varios percorridos adaptados para as categorías menores. Para os maiores, haberá dúas opcións: 5 e 10 km.

Para inscribirse: http://www.cronotec.es/P8.htm

Para máis información: http://cronotec.es/2014/regortigueira.pdf

luns, 14 de abril de 2014

Walkers Cariño, anímate a camiñar en grupo


É un movemento moi recente que xurde en Cariño a finais do mes de marzo de 2014, como iniciativa de Mónica Rodríguez. Trátase dun grupo aberto para facer camiñatas nocturnas e así mellorar en hábitos saudables ao tempo que se crean novos vínculos sociais, e se pasa un momento entretido.

venres, 14 de marzo de 2014

Oferta para Ortigueira runners

Antes de que nos cambien a hora a fins de marzo, dende Ortigueira Runners queremos aproveitar para despedir o horario de inverno como se merece: cunha saída nocturna pola praia.

Dende Ciclos Cociña fannos unha interesante oferta en frontais para que ninguén teña excusa para non asistir.

xoves, 12 de decembro de 2013

Ortigueira runners

Ortigueira runners é un grupo de corredores aberto a todas aquelas persoas, homes e mulleres, que desexen saír a correr xuntas para manterse en forma e pasar un anaco en boa compaña.

O grupo reúnese todos os mércores ás 20:15 diante da oficina de correos de Ortigueira.

xoves, 28 de novembro de 2013

Xornadas de fútbol

Os vindeiros 29 e 30 de novembro e o 1 de decembro celebraránse varios partidos de fútbol de cadetes e intantís, de fútbol feminino e da liga de 2ª autonómica nos campos de Aneiros, Atios, San Claudio e Morouzos.

martes, 26 de novembro de 2013

Asociación "Entre dous cabos"

O 28 de Setembro de 2013 nace na comarca de ortegal, a asociación deportiva " Entre dous Cabos", co principal obxetivo de promover e divulgar a práctica do " Tai Chi Chuan" e do "Qi Gong".