O vindeiro venres 27 de maio celébrase no Hotel de Natureza A Miranda un evento de networking para emprendedores e empresarios relacionados cos negocios na nube.
A Lacón network está considerada como o mellor evento de networking de Galicia e o terceiro millor de toda España. Así que se xa emprendiches ou estás pensando en facelo, non dubides en apuntarte a este evento.
Amosando publicacións coa etiqueta Cariño b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cariño b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 11 de maio de 2016
xoves, 24 de marzo de 2016
II foliada se Semana Santa
Desde a Agrupación Folclórica San Xiao do Trebo anuncian a II foliada de semana santa que se celebrará no Mercado Municipal do Concello de Cariño o 26 de marzo de 2016.
A partir das 21:00 h haberá degustación de xiba e lacón asado con patacas fritidas. Os grupos encargados de amenizar o evento son:
mércores, 23 de marzo de 2016
Entre o faro máis norteño da península e os cantís máis altos de Europa está o pobo pesqueiro de Cariño. Mestura entre tranquilidade e natureza en estado puro é o lugar idóneo para celebrar un raid de aventura e gozar das paisaxes que nos ofrece, onde mais do 70% da súa extensión está considerado como zona protexida.
martes, 14 de abril de 2015
Sergio Tannus Trio en Cariño
Este sábado 18 de abril na Casa da Cultura de Cariño estará en concerto o grupo Sergio Tannus Trio. Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras.
luns, 16 de marzo de 2015
I Foliada de Samana Santa en Cariño
Desde a Agrupación Floclórica San Xiao do Trebo convidan a todo o mundo a participar o próximo sábado 4 de abril na I Foliada de Samana Santa organizada pola agrupación.
A partires das 21:00 haberá degustación de fabas con xiba e lacón asado a prezos populares.
A partires das 21:00 haberá degustación de fabas con xiba e lacón asado a prezos populares.
martes, 3 de decembro de 2013
Detección precoz do cancro de colon
O Concello de Cariño en colaboración co Sergas, organiza unha charla informativa sobre a detección precoz do cancro de colon. A charla estará dictada pola doutora Mercedes Ferreira Bouza no local social de Cariño o vindeiro xoves 5 de decembro de 2013 ás 19.30 horas.
venres, 29 de novembro de 2013
Conservas "La Pureza"
Conservas La Pureza elabora conservas de peixe artesanalmente dende 1924. La Pureza aposta pola calidade dos seus produtos seleccionando peixes de primeria calidade e poñendo gran esmero en todo o proceso de elaboración. Como resultado, obteñen conservas de excelente calidade.
sábado, 23 de novembro de 2013
D&M roupa infantil
D&M ten detrás a Diana e Melisa, dúas irmás que fai catro anos decidiron montar en Cariño unha tenda na que poñen á venda roupa infatil e complementos para os máis pequenos. Se tes nenos ou nenas entre os 0 e os 16 anos, en D&M atoparás todo o necesario para vestilos á última moda.
xoves, 21 de novembro de 2013
Panificadora de Cariño
Na Panificadora de Cariño (Murela) elaboran pan, doces, empanadas variadas e roscos, usando materiais da mellor calidade posible.
Entre as súas empanadas atópanse as seguintes variedades: bonito, bacallao, bacallao con pasas, zorza, berberechos, mexilóns...
Entre as súas empanadas atópanse as seguintes variedades: bonito, bacallao, bacallao con pasas, zorza, berberechos, mexilóns...
martes, 19 de novembro de 2013
Panadería Armando
Panadería artesana dende hai máis de 30 anos. Fabrican con materia prima de primeira calidade e usando receitas tradicionais: pan, empanadas, roscóns, larpeiras, pastelóns, pan de pasas e noces, bizcochadas, panqués, pasteis e tartas variadas.
Hotel A Miranda
O Hotel A Miranda é un espazo deseñado polo arquitecto Jorge Cao Abad con fermosas vistas á ría de Ortigueira e montaña.
Este hotel consta de 6 habitacións dobres, cinco de elas con terraza con vistas á ría e á montaña, e unha suite de dúas prantas.
Este hotel consta de 6 habitacións dobres, cinco de elas con terraza con vistas á ría e á montaña, e unha suite de dúas prantas.
luns, 18 de novembro de 2013
Conservas Amieiro
Conservas Vexetais e Marmeladas Amieiro é unha pequena fábrica creada en Cariño no ano 2000. Os seus produtos están elaborados a base de diferentes froitas e vexetais frescos e de orixe galego, sobre todo da comarca do Ortegal.











