O sábado 19 de decembro ás 22:00 haberá un concerto na sala Ásatrú ma que particiàran: ALTAR OF GRUESOME, BLACK PANDA, VÜRMO,VAI-TE FODER e ARSIAN KENINDIOS. A entrada será de tres euros, coma sempre para abonar o diesel das bandas e colectivizar gastos.
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta música b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 16 de decembro de 2015
luns, 29 de xuño de 2015
Concerto na Sala Ásatrú o 2 de xullo
O 2 de xullo ás 22 horas vaise celebrar un cocerto na Sala Ásatrú ás 22:00 na que participan os grupos: Kuma no motor (hardcore punk'n'roll) de Bayona (Pais Vasco Francés), e Antoni Maiovvi (horror disco) de Bristol-Berlín-Céltigos.
luns, 22 de xuño de 2015
Concerto Ásatrú o sábado 27 de xuño
O próximo sábado 27 de xuño vaise celebrar un concerto Ásatru no Pazo de Riomaior. O concerto comezará ás 21:00 e actuarán Bala-Grunge/Stoner de A Coruña e Monstruo- Punk/Noise de Ourense.
A entrada será de tres euros coma sempre para abonar o diesel das bandas e colectivizar gastos. Haberá cervexa caseira e festa.
A entrada será de tres euros coma sempre para abonar o diesel das bandas e colectivizar gastos. Haberá cervexa caseira e festa.
martes, 14 de abril de 2015
Sergio Tannus Trio en Cariño
Este sábado 18 de abril na Casa da Cultura de Cariño estará en concerto o grupo Sergio Tannus Trio. Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras.
martes, 24 de marzo de 2015
Serán do Sor 2015
Un ano máis estamos aquí para anunciar o Serán do Sor 2015! Celebrarémolo como sempre o Xoves Santo (2 de abril). A diferencia deste ano con edicións anteriores é que, debido a unhas obras que se están a facer no peirao do Porto do Barqueiro, temos que trasladarnos dende as inmediacións da lonxa ata a Praza do Mesón, arriba no pobo, frente a casa do Concello.
venres, 28 de novembro de 2014
Ese Ras. 330 Family 1ª Crew de Hip Hop en Ortigueira
330 Family 1ªCrew de Hip Hop en Ortigueira. Ainda que 330 representanos a todos os Orteganos, debido a que o nosó nome deriva do noso código postal 15330, invitamos a todos os ortegáns a vir con nos a disfrutar do hip hop no que se inclúen actividades como a, Escritura e Canto(Rap) , Pintar (Grafitti) , Bailar ( Break Dance )...
mércores, 15 de outubro de 2014
Concerto de rondallas en Cariño
O próximo domingo día 19 de outubro vaise celebrar en Cariño un concerto de rondallas no que participan a Rondalla Sonidos del Alba de Ferrol, Añoranzas tamén de Ferrol, o Orfeón Herculino da Coruña e a Rondalla de Cariño.
O concerto comeza ás 18 horas na Casa da Cultura de Cariño.
O concerto comeza ás 18 horas na Casa da Cultura de Cariño.
luns, 28 de xullo de 2014
Música contra o cancro en Cariño
O día 10 de agosto celébrase en Cariño o III Festival Benéfico a beneficio da AECC ( Asociación Española Contra o Cancro). Neste evevento participarán artístas afeccionados de Cariño. Haberá dúa funcións, 6 da tarde e 9 da noite; e as entradas estarán numeradas e a disposición do público a partires das 16 horas. Participa e colabora na loita contra o cancro.
martes, 15 de xullo de 2014
Búscanse charangueiros
Chámome José Javier Melgar Bellido e busco xente para formar unha charanga musical. Busco músicos de instrumentos de vento (trompeta, trombón, saxos altos e tenor, clarinete, percusión), para formar un grupo cómico-musical que amenice as churrascadas, sardiñadas ou pasarúas nas festas das parroquias.
xoves, 8 de maio de 2014
Obradoiro de canto polifónico en San Adrián
A Coral Polifónica Ortegana organiza, coa colaboración da AAVV. Veiga, un Obradoiro de canto polifónico o domingo 11 ás 20:00 horas no Centro Social de San Adrián de Veiga.A entrada é libre e a duración será dunha hora, aproximadamentre.
venres, 2 de maio de 2014
X aniversario da Banda de Gaitas de Ladrido
O sábado 3 de maio conmemórase o X aniversario da creación da Banda de Gaitas de Ladrido. Por este motivo para recordar este feito destacado vaise celebrar un festival folklórico ás 20:00 na Alameda de Ortigueira na que participarán a Banda de Gaitas de San Xiao do Trebo (Cariño), S.C Airiños dos Carrís (Cerdido) e a Banda de Gaitas de Ladrido.
xoves, 10 de abril de 2014
Serán do Sor o 17 de abril
Un ano mais,
celébrase O Serán do Sor no Porto do Barqueiro (A Coruña) que
organizamos O Son do Sor. E, como sempre, nesta 4ª edición terá lugar
o Xoves Santo 17 de abril.
Este ano traemos un programa moi completo onde a musica tradicional é
a protagonista por completo.
luns, 10 de marzo de 2014
Concerto Carta de Ajuste o 15 de marzo en Cariño
O sábado dia 15 a partir da 23:30 visitarannos o trío lucense formado por Guillermo Abraldes Rois, ao baixo e coros, Salfu Valdés, ao caixón e coros e David Taboada, é guitarra e voz, traennos algo máis que un concerto. É algo así como unha revisión a esas cancións coñecidas por todos, dos 80 e dos 90, misturadas con pinzeladas de humor.
xoves, 13 de febreiro de 2014
Presentación disco de La Ceja de Blas
O próximo venres 28 de febreiro, no Bar de Fredi en Espasante, farase a presentación pública do album "Quien lo diría" do grupo La Ceja de Blas. O evento comezará as 00:00 horas. Animádevos a asistir e contádenos como soa este novo grupo musical.











