Este sábado 18 de abril na Casa da Cultura de Cariño estará en concerto o grupo Sergio Tannus Trio. Sérgio Tannus é un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras.
Sérgio Tannus. É un dos artistas mais completos da safra brasileira. Autodidacta, virtuoso en instrumentos variados, como guitarras, violões, baixos, cavaquinho, bandolim e percusións, o músico foise perfeccionando na procura de novas sonoridades, aliadas ás influencias universais, sen entretanto deixar de lado as súas raíces brasileiras. Desde o 2006 vive en Santiago de Compostela, en Galicia, desde onde está a divulgar o seu traballo como multi-instrumentista e cantautor por varios países de Europa.
Paulo Silva (percusión)é natural de Salvador de Bahia. Cursou estudios de batería de jazz con Michael Kuettner na Alemaña e participou en numerosas gravacións como batería, percusionista ou cantante. Desde que vive en Galicia traballou con artistas como Budiño, Odaiko, Uxía, Guadi Galego, Xoán Curiel, Emilio Rúa, Carlos Blanco, Quico Cadaval, Óscar Fernández, Óscar Ibáñez, Mercedes Peón, Jorge Pardo, Kepa Junkera, Socorro Lira, Fred Martins, João Afonso, L.A.R. Legido, Monkillos ou Alejandro Vargas, entre outros.
Gutier Álvarez (zanfona, violín e gaita) é a novidade nesta formación e o elemento galego dos directos de SON BRASILEGO. Natural de Pobra de Trives, desde moi novo vincúlase á música tradicional a través de varios grupos cos que actúa en festivais de toda Europa. Formou parte de diversas formacións e proxectos como Os Cempés, Pablo Seoane Grupo ou ‘Descarga ao vivo Galiza-Cuba’. Actualmente imparte as aulas de violin en aCentral Folque de Santiago e é mestre de música.


