Amosando publicacións coa etiqueta charla. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta charla. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de maio de 2016

Charla sobre os requisitos para a obtención do carné de manipulación de produtos fitosanitarios

O próximo xoves 26 de maio ás 13.00 horas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira realizarase unha charla informativa sobre os requisitos para a obtención do carné de produtos fitosanitarios.A formación impartida polo inxeñeiro agrónomo D. Francisco Otero Otero, será aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas.

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Charla en Ortigueira sobre a obtención certificados de profesionalidade

O  xoves 21 ás 17 horas na Fundación Ortegalia , está organizada una charla informativa sobre a convocatoria para  a acreditación da experiencia ou da formación non formal e acadar un certificado de profesionalidade.

luns, 23 de marzo de 2015

Coñecendo a fórmula cooperativa en Mañón

Desde a Oficina de Fomento Cooperativo do Ortegal, seguindo coa súa actividade de difusión do cooperativismo, no marco da Rede Eusumo, no ámbito dos Concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira, queren informar de que o próximo día 1 de abril, mércores, celebrarase na Casa do Concello de Mañón (Praza do Mesón, 1 - O Barqueiro), a charla "Coñecendo a fórmula cooperativa" a partir das 19 horas.

martes, 3 de decembro de 2013

Detección precoz do cancro de colon

O Concello de Cariño en colaboración co Sergas, organiza unha charla informativa sobre a detección precoz do cancro de colon. A charla estará dictada pola doutora Mercedes Ferreira Bouza  no local social de Cariño o vindeiro xoves 5 de decembro de 2013 ás 19.30 horas.