Un ano máis estamos aquí para anunciar o Serán do Sor 2015! Celebrarémolo como sempre o Xoves Santo (2 de abril). A diferencia deste ano con edicións anteriores é que, debido a unhas obras que se están a facer no peirao do Porto do Barqueiro, temos que trasladarnos dende as inmediacións da lonxa ata a Praza do Mesón, arriba no pobo, frente a casa do Concello.
