A Coral Polifónica Ortegana organiza, coa colaboración da AAVV. Veiga, un Obradoiro de canto polifónico o domingo 11 ás 20:00 horas no Centro Social de San Adrián de Veiga.A entrada é libre e a duración será dunha hora, aproximadamentre.
Trátase dunha obradoiro con exemplos musicais no que se explica que é un coro, as bases da armonía e as razóns polas que unha canción soa ben e outra mal. Ao final, un breve concerto.
