Amosando publicacións coa etiqueta baile. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta baile. Amosar todas as publicacións

xoves, 8 de outubro de 2015

Clases de zumba en San Caludio

Para o curso 2015-16 vanse inciar clases de zumba no escolar de San Claudio. A actividade realizarase todos os venres en dous turnos ás 20:30 e ás 21:30. As actividades comezan o 16 de outubro. Para apuntarse hai que chamar ao teléfono 649698111. As prazas son limitadas. Ánimo que o mes de novembro será gratis.



sábado, 8 de agosto de 2015

Repichocón en Cariño


A Agrupación Folclórica  Sam Xoán do Trebo organiza para o día 8 de agosto o Repicochón, unha homenaxe á cultura tradicional galega. Os actos comezan ás 19:00 co pasarrúas que sairá da Solana para dirixirse á Praza Roxa onde se orgaizan os actos. Ás 21:00 iniciarase a actuación dos grupos.

martes, 24 de marzo de 2015

Serán do Sor 2015

Un ano máis estamos aquí para anunciar o Serán do Sor 2015! Celebrarémolo como sempre o Xoves Santo (2 de abril). A diferencia deste ano con edicións anteriores é que, debido a unhas obras que se están a facer no peirao do Porto do Barqueiro, temos que trasladarnos dende as inmediacións da lonxa ata a Praza do Mesón, arriba no pobo, frente a casa do Concello.

sábado, 3 de xaneiro de 2015

ReisPichoca con Baile 100% con Os Cempés nas Grañas

O vindeiro luns día 5, O Son do Sor celebra no Barqueiro a primeira foliada do ano. O lugar será o noso local da Asociación que está na estrada que vai do Barqueiro a Bares xusto despois do cruce a esquerda.
Teremos o privilexio de que o grupo Os Cempés ven para dar un obradoiro de baile; aprenderanse bailes agarrados, soltos en roda....e despois poñerémolos en práctica todo guiado e coa música de Os Cempés.