Amosando publicacións coa etiqueta sor. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta sor. Amosar todas as publicacións

sábado, 3 de xaneiro de 2015

ReisPichoca con Baile 100% con Os Cempés nas Grañas

O vindeiro luns día 5, O Son do Sor celebra no Barqueiro a primeira foliada do ano. O lugar será o noso local da Asociación que está na estrada que vai do Barqueiro a Bares xusto despois do cruce a esquerda.
Teremos o privilexio de que o grupo Os Cempés ven para dar un obradoiro de baile; aprenderanse bailes agarrados, soltos en roda....e despois poñerémolos en práctica todo guiado e coa música de Os Cempés.