Amosando publicacións coa etiqueta cavazas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cavazas b>. Amosar todas as publicacións
martes, 28 de outubro de 2014
Preparación do XII Desfile de Samaín no Vicedo
Moitos nenos e maiores participaron na primeira xornada de preparativos do XII desfile de Samaín que se celebrará o venres ás 20h no Vicedo. Comezaron abrindo cabazas e cortando ollos, bocas, nariz...os vindeiros días dedicaremos as tardes novamente a seguir coas cabazas e a preparar algunhas novidades de cara a esta 12ª edición.
luns, 27 de outubro de 2014
XII Desfile do Samaín no Vicedo
O próximo venres 31 de outubro vaise celebrar no Vicedo o XII Desfile do Samaín. Será unha divertida xornada na que todos poden participar e así tamén contribuir á recuperación dunha das nosas festas tradicionais.
domingo, 26 de outubro de 2014
XII festa dos calabazotes en Ortigueira
Estades todos invitados a participar na XII festa do calabazote que se vai celebrar o próximo día 31 de outubro no claustro do Concello de Ortigueira. Na festa haberá concurso de cavazas, taller de maquillaxe e actuación do mago Marttyn.


