Amosando publicacións coa etiqueta fin de ano. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de ano. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de decembro de 2015

Festa de Fin de Ano da ANPA do Vicedo

A Asociación de Nais e Pais do colexio do Vicedo celebra este ano por primeira vez unha minifesta anticipada de fin de ano. Será ás 12 da mañá do día de mañá 31 de decembro na sala de exposicións da Casa da Cultura, os nenos e nenas de educación primaria e secundaria poderán pasarse por alí para escoitar as campanadas (tomando 12 minichocolatinas), e celebrar un novo ano.
Para asistir á festa non é necesario ser socio da Asociación.