É un movemento moi recente que xurde en Cariño a finais do mes de marzo de 2014, como iniciativa de Mónica Rodríguez. Trátase dun grupo aberto para facer camiñatas nocturnas e así mellorar en hábitos saudables ao tempo que se crean novos vínculos sociais, e se pasa un momento entretido.
Á primeira camiñata asistiron nove persoas, coincidindo con día de
chuvia e que a idea se deu a coñecer no grupo de facebook "walkers
cariño" (e non todo o mundo o ten), o segundo día xa foron quince... e
agora o grupo medrou considerablemente, asistindo entre 20-32 persoas de
luns a venres.
Na fin de semana os grupos soen baixar bastante, pero por semana, hai bastante estabilidade.
Os
traxectos son variables, co fin de facer as camiñatas máis motivadoras,
e incluén tanto asfalto como pistas, area... e a súa duración ronda
entre a hora e a hora e cuarto.
Ao ser en horario nocturno os asistentes van provistos de roupa
reflectante, e en moitas ocasións (avisad@s previamente) de lanternas.
Esperamos que o grupo siga medrando e así gañemos todos en saúde.
Así mesmo, dentro do propio grupo de facebook se van dando
consellos relativos á actividade física e os seus beneficios, faise
referencia a páxinas onde se pode atopar información referente a rutas
pola zona... e en moitas ocasións sóbebse as propias rutas, gravadas
con XPS para que calquera a poda repetir, ou sinxelamente saber por onde
foron as distintas camiñatas feitas ata o momento.Pulsa no cartel para saber cando e como podes participar