Esta semana volve o teatro á Casa da Cultura pero esta vez da man da Asociación Nordés que programa a obra de teatro para adultos Perversons (de Debulla Escénika, de Lugo). Será o sábado 14 ás 19h e con entrada gratuita.
Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro b>. Amosar todas as publicacións
venres, 13 de novembro de 2015
martes, 13 de outubro de 2015
Teatro no Vicedo
Esta semana comezan as obras de teatro de outono na Casa da Cultura do Vicedo. Arrancamos este sábado coa compañía de Lugo Hipócrita Teatro que representará a obra Emperador, que pensas? Fala!! Será este sábado ás 20h con entrada gratuita. A obra é apta para todos os públicos.
xoves, 21 de maio de 2015
Representación teatral en O Vicedo
O vindeiro 23 de maio ás 21:00 representarase na Casa da Cultura de O Vicedo a obra teatral "Rodesindo da Barrosa". A representación estará a cargo da compañía teatral Volta e Dalle.
Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo).
O actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo.

domingo, 10 de maio de 2015
Contacontos e obradoiro de pasta de azucre na Biblioteca de Ortigueira
O mércores día 20 haberá unha actividade na biblioteca para os máis pequenos. Trátase de un contacontos e un obradoiro de pasta de azucre. Adxunto o cartel por se podedes publicalo en E ti que fas no Ortegal?. As prazas son limitadas e está dirixido a nenos/as dende infantil, 4 anos, ata 3º de Primaria.
venres, 7 de novembro de 2014
Teatro en Vicedo "Facemos a guerra"
Volve o teatro afeccionado ó Vicedo. Mañá sábado 8 ás 19h30 o grupo Metátese teatro presenta a obra "Facemos a Guerra", onde trata o tema da guerra desde o punto de vista do absurdo. Entrada gratuita.
martes, 17 de decembro de 2013
"Con ganas... de reír"
O sábado 18 de xaneiro de 2014 ás 20:00 horas haberá, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, un espectáculo teatral, cómico-musical con sainetes, poemas, coplas eternas e moito, moito humor.
A montaxe está protagonizada por Máximo Valverde e Eva Santamaría.
A montaxe está protagonizada por Máximo Valverde e Eva Santamaría.