O vindeiro xoves 30 de xullo ás 11h terá lugar na Casa da Cultura do Vicedo o obradoiro O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR. Tratase dun obradoiro no que se pretende transmitir a importancia dos produtos do mar na dieta e o fomento do seu consumo, tamén se profundizará no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar.
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta obradoiro b>. Amosar todas as publicacións
martes, 28 de xullo de 2015
domingo, 10 de maio de 2015
Contacontos e obradoiro de pasta de azucre na Biblioteca de Ortigueira
O mércores día 20 haberá unha actividade na biblioteca para os máis pequenos. Trátase de un contacontos e un obradoiro de pasta de azucre. Adxunto o cartel por se podedes publicalo en E ti que fas no Ortegal?. As prazas son limitadas e está dirixido a nenos/as dende infantil, 4 anos, ata 3º de Primaria.
martes, 28 de abril de 2015
Obradoiros "Muller e saúde" en Ortigueira
O 13 e o 25 de maio vanse celebrar no Centro de Particiapación Social de San Roque, en Ortigueira, dous obradoiros arredor do tema "Muller e saúde". Os obradoiros serán sobre "Saude na mesa" , 25 de maio: e "Enfermidade oncolóxica", 13 de maio. Para asistir é necesario inscribirse na plataforma da Escola de Saúde de Cidadáns do Sergas ou no Centro de Información á muller do concello.
luns, 6 de abril de 2015
Obradoiro da Incubadora de proxectos para emprendedores
Incubadora de Proxectos está dirixido á mocidade , animadores xuvenís, técnicos/as municipais, axentes de desenvolvemento local, concelleiros/as de xuventude, asociacións xuvenís, grupos informais de mozos e mozas, estudantes e, en xeral, a calquera colectivo interesado en programas de participación para os máis novos.
xoves, 19 de marzo de 2015
Obradoiro do campo á mesa
O vindeiro 3 de abril de 2015, A Casa Rural Ultreia en colaboración con Bron Horta Natural organiza un obradoiro para traernos o campo á mesa. Co lema "O despertar da primavera no Ortegal", Kike explicará cómo xermolan as verduras nunha horta ecolóxica e Ingrid ensinaranos a cociñalas na súa casa rural.
luns, 18 de novembro de 2013
Prevención e atención sanitarias ás mulleres en situación de violencia de xénero
O 28 de novembro de 2013, de 16:30 a 19:30, no Centro de participación social de Ortigueira-Antigo Hospital de San Roque, celebrarase o obradoiro "Prevención e atención sanitarias ás mulleres en situación de violencia de xénero".



