Amosando publicacións coa etiqueta teatro de beneficencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta teatro de beneficencia. Amosar todas as publicacións

martes, 17 de decembro de 2013

"Con ganas... de reír"

O sábado 18 de xaneiro de 2014 ás 20:00 horas haberá, no Teatro da Beneficencia de Ortigueira, un espectáculo teatral, cómico-musical con sainetes, poemas, coplas eternas e moito, moito humor.

A montaxe está protagonizada por Máximo Valverde e Eva Santamaría.

venres, 6 de decembro de 2013

Concerto solidario

O vindeiro 27 de decembro de 2013 ás 20:30 horas terá lugar un concerto solidario no Teatro da Beneficencia de Ortigueira. O concerto está organizado pola Escola de gaitas de Ortigueira en colaboración co Concello de Ortigueira.

xoves, 5 de decembro de 2013

Xuntanza de corais

O vindeiro venres 6 de decembro de 2013 ás 20:00 horas terá lugar unha xuntanza de corais no Teatro da Beneficencia de Ortigueira. O evento reunirá á coral da área sanitaria de Ferrol e á coral polifónica ortegana. O evento está organizado pola coral polifónica ortegana en colaboración co Concello de Ortigueira e a Deputación da Coruña.