xoves, 21 de maio de 2015

Representación teatral en O Vicedo

O vindeiro 23 de maio ás 21:00 representarase na Casa da Cultura de O Vicedo a obra teatral "Rodesindo da Barrosa". A representación estará a cargo da compañía teatral Volta e Dalle.
Pepe Penabade (Cabanas, O Vicedo, Lugo).
O actor protagonista, foi un dos fundadores (en 1987) da compañía Os Quinquilláns, da que formou parte até 1999 e, un ano despois, deu en fundar Volta e Dálle, compañía que dirixe na actualidade, e na que participa como actor, e escenógrafo.



Na súa nómina figuran espectáculos coma Furga Garabela!, Rodesindo da Barrosa, Salitre, Jalisia Mi Madriña! Pan, catro propostas arredor da malla, Menciñeiros, ou Dura Lex, entre outros. Actualmente traballa tamén como actor na compañía Chévere no espectáculo Eurozone.
O cinema e a televisión contaron co seu traballo, entre outros en títulos coma: A Mariñeira, 23F, Chapapote, Maratón, Pepe O inglés, Padre Casares, Matalobos, Serramoura ou Hospital Real.


Máis información:

Casa da Cultura O Vicedo
Tlf: 982  59 01 95
www.concellodovicedo.org
www.casaculturavicedo.blogspot.com