Amosando publicacións coa etiqueta runers. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta runers. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2015

Preparación da carreira do día da muller

Queres correr e nunca te atreviche? Esta é a túa oportunidade. O vindeiro luns 27 de abril ás 19:00 horas terá lugar a charla de presentación do reto para a preparación da carreira da muller 2015. Tes unha cita no centro de participación de San Roque (Barrio do Ponto) á que non podes faltar. Na charla explicarase en qué consiste o reto e qué imos facer para chegar a alcanzalo.