A dinámica da saída será a mesma que a de todos os mércores: acompañar aos que se inician durante a primeira volta e despois xa cada quen poderá ir ao seu ritmo.
O que cambia é o lugar de saída. Nesta ocasión, o lugar de encontro será no aparcadoiro da praia de Morouzos (xunto ao campo de fútbol). A hora de saída mantense (20:15).
Recomendamos encarecidamente levar un frontal ou linterna. Lembrade que se queredes adquirir un, podedes facelo a través desta oferta coa que, de paso, tamén apoiades o comercio local.
Ao igual que en todas as quedadas de Ortigueira runners, faremos un percorrido pequeno (para os que habitualmente corredes unha volta polo pobo) que terá unha distancia de 4 kilómetros. Habitualmente, os que corredes 1 volta, facedes xa 3 kilómetros e 100 metros. O percorrido é de ida e volta, así que si a alguén se lle fan moito os 4 sempre pode dar volta antes e irá todo o rato acompañado igualmente.
Despois da volta pequena, os que se animen poderán continuar dando unha volta ao percorrido máis longo que terá como punto final o aparcadoiro da praia.
O percorrido pequeno está marcado en vermello no mapa que aparece nesta entrada. As liñas verdes corresponden ao percorrido máis longo.
Queremos alentar en especial ás mulleres a que se animen a disfrutar desta experiencia, xa que sabemos que son moitas as que, por medo, non se achegan a correr en solitario a este maravilloso entorno. Durante esta saída iredes sempre acompañadas, polo que é unha ocasión perfecta e segura para vivir unha nova experiencia libre de medos e coa que estamos seguros que disfrutaredes.
En resume:
- Hora de saída: 20 :15
- Lugar de saída: Aparcadoiro da praia de Morouzos
- Percorrido: 1 volta curta de 4 kilómetros e 2 voltas máis longas para os que as queiran dar.
- Equipamento: frontal de luz
¡Animádevos a participar e descubrirédes que correr pola noite pola praia ten un encanto especial!