A Fundación Ortegalia programa unha serie de acvidades lúdicas para este mes de xullo. Dende talleres de reciclado de plástico, de corcho ou unha exposición e un taller de cerámica, ata visditas ao muiño de mareas e unha exposición de fotografía.
Amosando publicacións coa etiqueta ortegalia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ortegalia b>. Amosar todas as publicacións
sábado, 25 de xuño de 2016
venres, 1 de abril de 2016
ÁREAS E PUNTOS DE INTERESE XEOLÓXICO. CAMIÑANDO CARA A CANDIDATURA DE XEOPARQUE
Os vindeiros 9 e 10 de abril celebraranse as III Xornadas Xeolóxicas da Costa Norte, nesta ocasión dedicadas ao coñecemento das áreas e puntos de interese xeolóxico máis destacados do noso territorio. A actividade estará impartida un ano máis polo xeólogo Francisco Canosa Martínez, un dos principais promotores do Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal.
martes, 8 de marzo de 2016
A reimplantación do cultivo do lúpulo nas Mariñas
O próximo venres, 11 de mar, Mª Belen Matilla Cortés, interventora de LUTEGA Sociedade Cooperativa Galega, impartirá unha conferencia sobre A reimplantación do cultivo do lúpulo nas Mariñas. A conferencia celebrarase no Museo Ortegalia ás 20:00 horas.
Paralelamente a este evento procederase á inauguración no Museo Ortegalia- Espazo Artegalia II, da exposición que leva por título "Historia do cultivo do lúpulo en Galicia".
Paralelamente a este evento procederase á inauguración no Museo Ortegalia- Espazo Artegalia II, da exposición que leva por título "Historia do cultivo do lúpulo en Galicia".
martes, 1 de marzo de 2016
Actividades para o mes de marzo da Fundación Ortegalia
- O día 1 clausúrase no Espazo Artegalia, Museo Ortegalia, a exposición de Fran Riveiro, Debuxacións. O acto comezará ás 19:00h e consistirá nunha visita guiada pola exposición e un breve solo de danza.
- o día 3 do mesmo mes, ábrese ao público a exposición Ollando na néboa, unha mostra conxunta dos fotógrafos Mª Victoria Díaz Castañeira e Martín Belvisi.
venres, 29 de xaneiro de 2016
Próximas exposicións na Fundación Ortegalia
Desde a Fundación Ortegalia informámosvos de dúas exposicións que poderedes visitar no mes de febreiro no Espazo Artegalia (Museo Ortegalia):
RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO, SITIO RAMSAR
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais, o martes 2 de febreiro inaugurase no Museo Ortegalia a exposición de produción propia "Ría de Ortigueira e Ladrido, Sitio Ramsar" que estará aberta ao público ata o 13 de marzo.
RÍA DE ORTIGUEIRA E LADRIDO, SITIO RAMSAR
Con motivo da celebración do Día Mundial dos Humidais, o martes 2 de febreiro inaugurase no Museo Ortegalia a exposición de produción propia "Ría de Ortigueira e Ladrido, Sitio Ramsar" que estará aberta ao público ata o 13 de marzo.
luns, 11 de xaneiro de 2016
Actividades da fundación Ortegalia en xaneiro
As actividades previstas para o mes de xaneiro pola Fundación Ortegalia son as seguintes:
- “UNIDAD Y DIVERSIDAD DE LA INDIA”, conferencia a cargo de Max –Jean Zins. Esta conferencia impártese en relación á exposición de fotografía de Rosa Sallent “Mirada India”, que estará vixente no Museo Ortegalia ata o vindeiro 22 de xaneiro.
luns, 14 de decembro de 2015
Exposición de fotografía "Mirada India" de Rosa Sallent
O vindeiro mércores 16 de decembro, ás 19:30 h inaugurase a exposición de fotografía "Mirada india" de Rosa Sallent. A mostra estará exposta no Museo Ortegalia ata o 13 de xaneiro.
"Mi intención al hacer esta exposición es mostrar la vida de ese lugar llamado Kashi, Varanasi o Benarés, así como el corazón bengalí en su día a día por las calles de Calcuta. Todo a través de ese espejo del alma que son los ojos, a través de esa mirada india".
Rosa Sallent
"Mi intención al hacer esta exposición es mostrar la vida de ese lugar llamado Kashi, Varanasi o Benarés, así como el corazón bengalí en su día a día por las calles de Calcuta. Todo a través de ese espejo del alma que son los ojos, a través de esa mirada india".
Rosa Sallent
mércores, 9 de decembro de 2015
Concurso: Video sobre o patrimonio do Ortegal
A Fundación Ortergalia convoca un concurso para a realización dun video sobre o patrimonio do Ortegal. Os interesados deben presentar os seus videos antes do 30 de decembro de 2015. O video debe presentar toda a beleza e interese patrimonial e turístico do Ortegal. Para máis información dirixirse a Fundación Ortegalia.
luns, 22 de xuño de 2015
V Xornadas de etnografía: Mitoloxía popular galega
O martes 23 de xuño celebrarase no Museo Ortegalia as V Xornadas de etnografía popular galega co tema Mitoloxía popular galega. As xornadas contarán coa presenza do historiador e etnógrafo Marcial Tenreiro, que impartirá unha conferencia sobre personaxes da mitoloxía popular galega e sobre os ritos vinculados á noite de San Xoan..
As xornadas comezarán o martes 23 de xuño ás 18:00 no Museo Ortegalia.
As xornadas comezarán o martes 23 de xuño ás 18:00 no Museo Ortegalia.
martes, 1 de abril de 2014
Gústanche os acuarios?: Curso de acuariofilia no Museo Ortegalia
Gústanche os acuarios? Tés ou queres ter un acuario?. O Museo Ortegalia ofrece un curso teorico-práctico no poderás aprender todo o necesario para montar e manter en óptimas condicións o teu propio acuario de auga doce ou salgada. O curso impartirase o 26 de abril no Museo Ortegalia.
xoves, 6 de marzo de 2014
Exposición temporal "Conchas" no Museo Ortegalia
Remata de inaugurarse unha nova exposición no Museo Ortegalia. Dende o día 7 de marzo ata o 20 de abril, podese visitar unha exposición na que se amosan cunchas de máis de 400 especies de moluscos, tanto europeas como exóticas, da colección do ribadense David López.
III Xornadas de impulso e aproveitamento dos recursos naturais como oportunidade de emprego
O sábado 22 de marzo celébranse as III Xornadas de aproveitamento dos recursos naturais como fonte de emprego no museo Ortegalia. O obxectivo destas xornadas é o de promover iniciativas produtivas baseadas no aproveitamento dos recursos naturais, ofrecento información sobre vías de financiamento e sobre experiencias noutros lugares de características semellantes.
mércores, 5 de febreiro de 2014
DEITANDO CORES, exposición en Espacio Artegalia
O próximo 7 de febreiro inaugurase a exposición Deitando Cores de Miguel Anxo Romero López. É unha mostra de 20 lenzos coa técnica do óleo.
Miguel López Romero, nacido en Ferrol, ensina e traballa no IES de Fene.










