martes, 1 de marzo de 2016

Actividades para o mes de marzo da Fundación Ortegalia

Durante os mes de marzo a Fundación Ortegalia realizara as seguintes exposicións:


  •  O día 1 clausúrase no Espazo Artegalia, Museo Ortegalia, a exposición de Fran Riveiro, Debuxacións. O acto comezará ás 19:00h e consistirá nunha visita guiada pola exposición e un breve solo de danza.
  •  o día 3 do mesmo mes, ábrese ao público a exposición Ollando na néboa, unha mostra conxunta dos fotógrafos Mª Victoria Díaz Castañeira  e Martín Belvisi.