Os vindeiros 9 e 10 de abril celebraranse as III Xornadas Xeolóxicas da Costa Norte, nesta ocasión dedicadas ao coñecemento das áreas e puntos de interese xeolóxico máis destacados do noso territorio. A actividade estará impartida un ano máis polo xeólogo Francisco Canosa Martínez, un dos principais promotores do Proxecto de Xeoparque de Cabo Ortegal.
Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xornadas b>. Amosar todas as publicacións
venres, 1 de abril de 2016
luns, 22 de febreiro de 2016
O rural fonte de emprego
Ao longo da mañá do sábado 27 desenvolveranse as V Xornadas de aproveitamento dos recursos naturais como fonte de emprego. Nestas xornadas desenvolveranse charlas de emprendedores e técnicos que nos falarán de como desenvolver actividades produtivas no rural.
luns, 9 de novembro de 2015
I Xornadas das ortigas de Ortigueira
Invitámosvos a tod@s a participar nas I XORNADAS DAS ORTIGAS DE ORTIGUEIRA que terán lugar os días 20, 21 e 22 de novembro. Haberá conferencias, unha exposición temporal e workshop de cociña. Tamén poderedes degustar receitas con ortigas en varios establecementos de hostalería do noso concello.
domingo, 26 de outubro de 2014
VI xornadas micolóxicas
Os próximos días 1 e 2 de novembro vanse celebrar, no Concello de Ortigueira, unhas xornadas micolóxicas dirixidas por Cristina Garchia-Echave Puente nas que se celebrará unha conferencia sobre "Setas comestibles e posibles confusións" que se complementará cunha saída ao campo e unha exposición de setas.
venres, 28 de febreiro de 2014
IV Xornadas de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento.
O Concello de Ortigueira convoca para os días 13 e 14 de marzo as IV Xornadas de motivación para o emprendemento e acceso ao financiamento. Estas xornadas van dirixidas a todos os que desexen iniciar novas actividades empresariais. O Concello pretende con este evento axudar á creación de novas empresas na comarca facilitando información aos empredendores nas súas iniciativas.




