Un dos puntos fortes do Vicedo e da Mariña é a natureza. O Vicedo fai desta fortaleza o seu eslogan turístico "NATUREZA ENVOLVENTE" e cada ano organiza os chamados mércores de natureza onde se prepara algún tipo de actividade relacionada co entorno natural do concello e da comarca (pode ser ruta de sendeirismo, ruta de kayak, rutas mixtas, etc).
Amosando publicacións coa etiqueta natureza b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta natureza b>. Amosar todas as publicacións
martes, 5 de xullo de 2016
martes, 7 de xullo de 2015
Inicio das actividades da natureza no Vicedo
Desde hai uns anos todos os mércores do verán véñense organizando os chamados "mércores de natureza". Trátase de actividades que tratan de resaltar a beleza natural da nosa comarca combinado con actividade física lixeira en forma de rutas de sendeirismo, rutas en kayaks ou mesmo a combinación das dúas.
mércores, 8 de abril de 2015
Curso de fotografía macro en Ortigueira
O próximo 16 de maio Fran Nieto un fotógrafo de ampla experiencia en fotografía da natureza en colaboración coa asociación Galioart impartirá un curso sobre fotografía macro en Ortigueira.
xoves, 5 de xuño de 2014
V Curso de supervivencia no medio natural
A cargo de JAIME BARRALLO, os días 20, 21 e 22 de xuño, impartirase o Curso de supervivencia no medio natural. Unha experiencia única para descubrir unha nova visión da natureza.
Barrallo ntroduciranos nunha viaxe polos lugares máis salvaxes do planeta e nas estratexias empreadas polos grupos indíxenas que os habitan, combinándoo coas técnicas de supervivencia más modernas.
xoves, 30 de xaneiro de 2014
Día mundial das brañas o 2 de febreiro
O próximo domingo, 2 de febreiro, celebramos o Día Mundial das Brañas coa difusión do video "Brañas: mantendo o noso planeta con vida saudable" que relata a importancia das brañas para os seres humanos e os problemas que enfrontan eses fráxiles recursos. A proxección farase en bucle entre as 11:00 e as 14:00 do domingo.
xoves, 12 de decembro de 2013
Asociación Calidris
venres, 15 de novembro de 2013
V Xornadas ornitolóxicas da Fundación Ortegalia
A Fundación Ortegalia organizada esta actividade de especial interese non só para os afeccionados a esta práctica senón, sobre todo, para os propietarios de establecementos de turismo interesados en favorecer a diversificación e desestacionalización do sector e a aumentar a competitividade das empresas turísticas mediante o aproveitamento deste recurso natural.
xoves, 14 de novembro de 2013
I Xornada micolóxica
Se queres coñecer o mundo das setas, o vindeiro 16 de novembro ás 10:00 da mañá no centro social de Loiba terá lugar a I xornada micolóxica organizada pola Asociación de veciños Os Cubanos de Loiba.








