Amosando publicacións coa etiqueta o sendeiro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta o sendeiro. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de novembro de 2015

Ruta de sendeirismo polas Fragas do Eume

O Sendeiro organiza unha ruta de 14 km polas Fragas do Eume o vindeiro 13 de decembro. Ás 8 da mañá sairase en autobus dende a estación de autobuses de Ortigueira. O prezo da viaxe é de 7 € polo bus e de 12 polo xantar. Só hai 30 prazas dispoñibles.
Os interesados en asistir poden chamar ao 981 400 402, ao 600 219 501 ou enviar un correo a osendeiro@gmail.com

martes, 6 de outubro de 2015

Ruta de sendeirismo_ Bares - Barqueiro

Dende O Sendeiro organizan unha ruta de sendeirismo para o próximo 11 de outubro. A saída será ás 08:30 da mañá do Hostal La Perla e a inscrición é gratuíta.

Para apuntarse pódese chamar aos números 981400402 e 600219501.

mércores, 13 de novembro de 2013

O sendeiro

O sendeiro é unha iniciativa de Manolo Sanjurjo que pretende agrupar a camiñantes interesados en facer rutas polo ortegal. Cada mes, Manolo elabora con mimo unha ruta e avisa a todo o mundo das condicións da mesma: lonxitude, duración, dureza, se se volta para xantar, etc.