Esta charla pretende amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como modelo empresarial máis axeitado para emprender nos momentos actuais:
- Achegar o modelo cooperativo a persoas desempregadas e persoas que están a buscar unha alternativa de autoemprego.
- Dar a coñecer o modelo cooperativo: as súas características e particularidades.
- Coñecer os pasos para crear un proxecto cooperativo.
- Amosar os recursos e ferramentas a disposición do impulso ao cooperativismo.
Pódese consultar o programa da Charla no seguinte documento.
A charla ten carácter gratuíto e é aberta a todo o público. Entregarase diploma de asistencia.
Para inscribirse:
- Indicar nome e apelidos, DNI, teléfono e correo electrónico no 981974104 ou en maria.lopez@concellodeortigueira.co
Datos de contacto
María López Parapar
Oficina de Fomento Cooperativo do Ortegal
Agrupación de Concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira
Tfno: 981.974.104.
E-mail: maria.lopez@concellodeortigueira.com
cooperativa@concellodecarino.com
