venres, 20 de maio de 2016

Charla sobre os requisitos para a obtención do carné de manipulación de produtos fitosanitarios

O próximo xoves 26 de maio ás 13.00 horas no Teatro de Beneficencia de Ortigueira realizarase unha charla informativa sobre os requisitos para a obtención do carné de produtos fitosanitarios.A formación impartida polo inxeñeiro agrónomo D. Francisco Otero Otero, será aberta e gratuíta para todas as persoas interesadas.