xoves, 21 de maio de 2015

A fórmula cooperativa nos servicios sociais

A Rede Eusumo organiza unha Xornada de promoción do cooperativismo nos servizos socias tituladas “A fórmula cooperativa nos servizos sociais”. Esta actividade está integrada no plan de actuación da rede para este ano 2015. A xornada vai dirixida tanto a persoas interesadas en impulsar proxectos sociais, como a persoas interesadas en formación relativa ás actividades ligadas aos servizos  sociais.



Esta Xornada terá lugar o día 30 de maio no Centro Social da Alameda do Concello de Ortigueira. A través da mesma preténdese amosar as vantaxes e particularidades da fórmula cooperativa como o mellor modelo empresarial para impulsar proxectos de iniciativa social.


O Horario é de 10:30 a 13:30 horas, a Inscrición é gratuita, e  as prazas limitadas :

Entregarase Diploma de asistencia.                                                      

Prazo de inscrición: ata o 29 de maio de 2015


  • Pódeste inscribirte facilitando o teu nome, DNI, teléfono e correo electrónico no CIM  do Concello de Ortigueira( 981 40 25 42) Alameda s/n.
  • Ou na Oficina de Fomento Cooperativo de Ortegal (981 974 104) maria.lopez@concellodeortigueira.com

Para máis información:

Ana Dopico Fraga
Dtra. CIM
Centro Social
Alameda s/n
15330 Ortigueira
Tfno: 981402542