Moi boas a tod@s!!!!!!!!!!!
Comezamos esta semana na mesma liña que as
pasadas, con inestabilidade e chuvias. Hoxe gozamos dunha xornada de
temperaturas moi agradables e sen apenas choiva. Maña será o mellor día da
semana, con bastantes momentos de sol e temperaturas altas para a época do ano
que nos atopamos. O sábado e o domingo
serán dúas xornadas moi desagradables con chuvias persistentes que poden acumular
cantidades importantes de precipitación, eu diría que vai caer mais que na fin
de semana pasada…Así é a nosa terra e temos que ser conscientes que novembro é
un dos meses que mais precipitación se recolle na nosa comarca, claro esta que
depende do ano, pero vendo a media de moitos anos vemos que novembro, decembro e
xaneiro soen ser os meses de maior precipitación. Simplemente son medias, hai
anos que nestes tres meses chove pouco, pero en xeral soen ser os meses mais
chuviosos.
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!
Parece que na xornada de luns tendera a
mellorar algo a situación, así como no martes que parece que xa nin chovera…pero
non nos poñamos moi ledos que o mércores parece que novamente empeorara o tempo…polo
que seguimos coa mesma tendencia.
Aproveitade a xornada de maña que será moi
agradable xa que sábado e domingo prometen ser xornadas moi desapracibles, con
ventos do norte, descenso importante das temperaturas e choivas persistentes e
incluso fortes por momentos.
Predición para os próximos días:
-Venres día 21; teremos unha xornada moi agradable. Os ceos
alternaran entre nubes e grandes claros, todo acompañado dunhas temperaturas
altas, chegando os 20ºC ou incluso superándose moi timidamente. Os ventos serán
en xeral de Suroeste frouxos.
-Sábado día 22; o tempo mudara drasticamente polo achegamento
de aire frío en altura e o xiro dos ventos que irán adquirindo compoñente Norte
e serán moderados. As choivas irán aparecendo dende a maña, gañando intensidade
e manténdose durante case toda a xornada. As temperaturas tenderán a descender
uns cantos grados, quedando as máximas entorno os 15ºC.
-Domingo día 23; a situación non mudara moito con respecto a
xornada anterior, continuaremos con choivas bastante persistentes e ventos de
compoñente norte algo moderados. As temperaturas poida que descendan algo mais
quedando as máximas en valores próximos os 15ºC.
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!


