xoves, 27 de novembro de 2014

Predición 28/11/2014 a 30/11/2014


Moi boas a tod@s!!!!!!!

Comezamos esta semana con mellor tempo que as anteriores, parece que algo peor virán estes días aínda que nada comparable a fin de semana pasada. Maña teremos un día bastante gris pola maña con precipitacións que remitiran pola tarde, sábado pode chover algo a noite e domingo un pouquiño a maña.

Coa entrada da vindeira semana non se ven precipitacións importantes, iso si, será unha semana un pouco mais fresca e nalgún val do interior da nosa comarca podemos ter algunha xeada.

A situación meteorolóxica que temos é bastante particular, unha borrasca importante esta descendendo cara o sur da península deixando choivas importantes na meirande parte da península, mentres na nosa comarca a penas notaremos o seu paso. A partir de sábado enviaranos ventos de compoñente norte-nordés que farán descendes as temperaturas.

Según os datos recollidos no que vai de mes, falamos dun novembro húmido, onde abriron as fontes e caeron mais de 300 litros por metro cadrado na nosa comarca. En canto as temperaturas podemos afirmar que foi algo cálido.

Predición para os próximos días:

-Venres día 28; comezara o día con abundante nubosidade e precipitacións que có avance da xornada irán desaparecendo, as temperaturas mínimas subiran e xa non fará tanto frío pola maña, as máximas continuaran en valores semellantes os de hoxe. Os ventos serán frouxos de compoñente sueste.

-Sábado día 29; teremos unha xornada de nubes e claros con aumento da nubosidade cara a noite onde pode chover algo e de forma débil. As temperaturas non terán grandes diferenzas ou con tendencia a baixar, mentres que os ventos  frouxos comezaran do sur e irán xirando ata quedar do nordés-norte.

-Domingo día 30; nesta xornada abundaran as nubes con algunha choiva mais probable pola maña e de forma débil, as temperaturas descenderan un pouco e os ventos serán de compoñente nordés frouxos en xeral.

BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!