Moi boas a tod@s!!!!
Comezamos esta semana coa mesma tendencia que
a anterior e parece que así será a vindeira semana tamén…Estes últimos días
temos algo de sorte xa que as frontes nos
cruzan pola noite e durante o día chove menos.
Tralo paso da fronte que temos enriba nestes
momentos quedara unha xornada de venres de nubes, momentos de sol e chuvascos .
As xornadas de sábado e domingo prometen ser peores e con choivas mais persistentes
xa que a borrasca tende a achegarse a nos, aínda que debilitándose no seu
achegamento.
Continuamos con potente bloqueo anticiclónico
en Centroeuropa a tódolos niveis ocasionando un descenso das borrascas cara as
nosas latitudes e non se agarda que esta situación mude nas vindeiras xornadas.
Penso que seguiremos cun tempo moi semellante a vindeira semana…pero nunca se
sabe…
Predición para os próximos días:
-Venres día 14; teremos unha xornada de nubes e claros con
algún chuvasco que incluso poda vir acompañado de tormenta ou incluso granizo..
As temperaturas descenderan, tanto as mínimas como as máximas que non superaran
os 15ºC. Os ventos serán de Sur-Suroeste moderados.
-Sábado día 15; será un día de moita nubosidade e
precipitacións que serán bastante persistentes, as temperaturas manteranse en
valores moi parecidos ou con tendencia a descender algo. Os ventos serán de compoñente
Suroeste rolando U oeste moderados.
-Domingo día 16; a situación agardada será moi parecida a do
sábado, con ceos moi cubertos e precipitacións persistentes. As temperaturas
non terán cambios e os ventos serán de compoñente Oeste-Noroeste algo
moderados.
BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!!


