O vindeiro venres 6 de decembro de 2013 ás 20:00 horas terá lugar unha xuntanza de corais no Teatro da Beneficencia de Ortigueira. O evento reunirá á coral da área sanitaria de Ferrol e á coral polifónica ortegana. O evento está organizado pola coral polifónica ortegana en colaboración co Concello de Ortigueira e a Deputación da Coruña.
