Amosando publicacións coa etiqueta ruta. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ruta. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de maio de 2016

Saída da peña moteira Os Tranquilos

A Asociación Motera organiza unha saída o mes de maio de Ortigueira a Salamanca de tres días. A saída será o venres 20 de maio ás 16:00 h.da Cerveceria Don Pepe. Nesta ruta participan 25 moteiros da comarca do Ortegal  e un total de 30 persoas . Visitarase : Salamanca, Guijuelo, Mogarraz, La Alberca, Ciudad Rodrigo. O sábado e o domingo visitarase o Museo do Automóbil e regreso á casa. O regreso será ás 12:00 h dende Salamanca  e a chegada a Ortigueira sobre as 19:00h. A peña moteira invita a participar a todos os afeccionados da moto a participar nesta saída.

martes, 3 de maio de 2016

IX Ruta do pincho no Vicedo

Os próximos 7, 8, 13 e 14 de maio, vaise celebrar a IX edición da Ruta do pincho no concello do Vicedo. Nesta ocasión elixirase o mellor pincho elexido polo público en votación popular.Ademáis sortearase un vale de compra por valor de 200€ entre todos os votantes que participan neste evento gastronómico. A entrega o premio ao mellor picho e a do vale de compra realizarase o 16 de maio ás 18:00 na Casa da Cultura d´O Vicedo.

venres, 1 de maio de 2015

VIII Ruta de pinchos no VIcedo

O concello do Vicedo organiza a VIII Ruta de pinchos. O evento constará de dúas rutas, a primeira delas, a Ruta 1 realizarase o sábado 8 e o domingo 9 de maio. A Ruta II terá lugar o sábado 16 e o domingo 17 de maio.

mércores, 8 de outubro de 2014

Camiñata a San Andrés de Teixido

O vindeiro 19 de outubro, O Sendeiro organiza unha camiñata dende Ortigueira ata San Andrés de Teixido, con volta en microbús.

Máis información sobre esta ruta na web de O Sendeiro.

xoves, 17 de xullo de 2014

Nova ruta da Peña Moteira Os Trankilos o 3 de agosto

A peña moteira Os Trankilos vai realizar unha novo ruta o 3 de agosto. Esta nova viaxe será a Cudillero (Asturias), unha ruta de 174 km con parada intermedia en Barreiros (Lugo) para repostar e tomar un café. 
A sída realizarase o domingo 3 de agosto ás 8:00 da Oficina de Turismo de Ortigueira. Comerase en Cudillero sobre as 14:00 h. O último día de inscrición será o 30 de xullo.

luns, 12 de maio de 2014

Moto-Paseo polo Ortegal: Un domingo diferente

O moto clube Os Tranquilos  organiza un moto-paseo polo Ortegal o príxmo 18 de maio. Poden participar todos aqueles que o desexen con motos de calquera cilindrada dende 50cc ata 500cc.
A inscrición é gratuita e a saída realizarase dende a Cervecería Don Pepe en Ortigueira.