Amosando publicacións coa etiqueta motos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta motos. Amosar todas as publicacións

xoves, 17 de xullo de 2014

Nova ruta da Peña Moteira Os Trankilos o 3 de agosto

A peña moteira Os Trankilos vai realizar unha novo ruta o 3 de agosto. Esta nova viaxe será a Cudillero (Asturias), unha ruta de 174 km con parada intermedia en Barreiros (Lugo) para repostar e tomar un café. 
A sída realizarase o domingo 3 de agosto ás 8:00 da Oficina de Turismo de Ortigueira. Comerase en Cudillero sobre as 14:00 h. O último día de inscrición será o 30 de xullo.

luns, 12 de maio de 2014

Moto-Paseo polo Ortegal: Un domingo diferente

O moto clube Os Tranquilos  organiza un moto-paseo polo Ortegal o príxmo 18 de maio. Poden participar todos aqueles que o desexen con motos de calquera cilindrada dende 50cc ata 500cc.
A inscrición é gratuita e a saída realizarase dende a Cervecería Don Pepe en Ortigueira.

martes, 22 de abril de 2014

Moto Clube Os Tranquilos

A asociación xorde no ano 2006, quedando unha peña de amigos o primeiro domingo de agosto, para dar unha volta en moto, uns Vespa, outros motos Chopper, mesmo algúns de 125. Iamos polos arredores, na comarca, comiamos e voltabamos para a casa.