O vindeiro 3 de abril de 2015, A Casa Rural Ultreia en colaboración con Bron Horta Natural organiza un obradoiro para traernos o campo á mesa. Co lema "O despertar da primavera no Ortegal", Kike explicará cómo xermolan as verduras nunha horta ecolóxica e Ingrid ensinaranos a cociñalas na súa casa rural.
Despois poderemos comer todo o elaborado e despedir a xornada cun te de herbas locais.
O prezo do obradoiro é de 15 € por persoa. Se te queres apuntar, podes atopar máis información aquí: http://www.ultreiarural.com/wordpress/?p=275
