mércores, 13 de xullo de 2016

Predición 14/7/2016 ó 17/7/2016


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana cun aumento da nubosidade,  algún pequeno orballo e tamén con grandes momentos de sol. A situación tende a estabilizarse totalmente coa chegada dunha masa de aire cálido que fará subir bastante as temperaturas. Os ceos permaneceran practicamente despexados ata a xornada do domingo que entrara algunha nube sen moita importancia.

Durante as vindeiras xornadas e comezos da semana seguinte gozaremos dun tempo moi agradable e con temperaturas moi altas, superándose nalgunha xornada os 30ºC en amplas zonas da comarca. Incluso nos quedara algunha noite, das primeiras xornadas da vindeira semana, como moi cálida. Parece que ata mediados de semana a situación será moi calorosa e estable, aparecera algunha nube pero sen moita importancia. Veremos como vai evolucionando e a gozar do bo tempo.

Moito ollo coa calor e co sol e os que vos guste o festival pasádeo moi ben que este ano ven con moi bo tempo.


Predición para os próximos días:

-Xoves día 14; teremos algunha nube a primeiras e derradeiras horas pero en xeral predominaran os ceos despexados. As temperaturas tenderan a subir uns cuantos grados, quedando as máximas entorno os 22ºC. Os ventos serán do Este moderados por momentos.
 
-Venres día 15; será unha xornada de ceos moi despexados e suba das temperaturas, con máximas que roldaran os 25-26ºC. Os ventos serán do Este moderados nas horas centrais do día.  
 
 -Sábado día 16; teremos un día de ceos moi despexados e con suba das temperaturas novamente, quedando as máximas non moi lonxe dos 30ºC. Os ventos continuaran do Este moderados nas horas centrais do día.
 
-Domingo día 17; continuaremos con situación anticiclónica aínda que parece que teremos algunha nube, que non impedira que luza o sol na meirande parte da xornada. As temperaturas continuaran en valores moi semellantes e os ventos serán do Este moderados ao mediodía.
 
¡¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!!