O concello de Ortigueira organiza para o vindeiro 13 de agosto a V Carreira popular de Ortigueira, que nesta ocasión o evento solidarizase cos afectados de ELA. A proba abasoluta celebrarase sobre unha distancia de 5.000 e 10.000 metros a elexir no momento da inscrición.
As inscricións poderán realizarse a través da páxina www.prueba-t.es ata as 20:00 do xoves 11 de agosto.Non se admiten inscricións no día da proba para ningunha das categorias. A cota de inscrición de 4€ só será para os atletas participantes maiores de idade. Para información detallada e normas da proba pódese ver neste enlace.
