Os constantes cambios nas relacións entre consumidores e comerciantes, así como o vertixinoso avance das novas tecnoloxías, ampliaron o espazo cotián de intercambio de bens e servizos para unha alta porcentaxe da poboación.
Este novo mercado deu lugar a novas formas de contratación, e polo tanto a reclamacións derivadas destas relacións comerciais, ante as que a cidadanía non pode quedar de ningún xeito desprotexida. Polo tanto os contidos a tratar nesta xornada serán:
- Como reclamar en caso de conflicto de consumo.
- Acordo amistoso coa empresa.
- Formulación dunha reclamación.
- Mediación.
- Sistema arbitral de consumo.
- Reclamación por vía xudicial.
- Outros conceptos e aclaracións.
Para anotarse:
Aula Cemit Ortigueira /cemit.ortigueira@xunta.es/Tfno. 981 40 25 33
Premer na imaxe para grandar

