xoves, 3 de decembro de 2015

Predición 4/12/2015 o 6/12/2015


Moi boas a tod@s!!!!

Comezamos esta semana con bo tempo e bastante frío polas mañas, rexistrándose as primeiras xeadas nas zonas de val da nosa comarca. A partir de mércores fóronse achegando as baixas presións aumentando a nubosidade e achegando unha fronte que descarga nestes momentos. Maña, venres, xa teremos unha mellora do tempo que se manterá durante a fin de semana e seguramente ata o martes cando unha nova fronte nos cruzara.

Na seguinte táboa vemos como rematou o mes de novembro, quedando con valores moi cálidos e secos. Veremos que nos depara decembro…

Cariño
 
 
 
 
Novembro 2012
Temperatura media (ºC)
12,59
Chuvia (L/m2)
285,1
Novembro 2013
Temperatura media (ºC)
13,84
Chuvia (L/m2)
233,1
Novembro 2014
Temperatura media (ºC)
13,73
Chuvia (L/m2)
407,6
Novembro 2015
Temperatura media (ºC)
15,29
Chuvia (L/m2)
61,2
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Serra da Faladoira
 
 
 
 
Novembro 2012
Temperatura media (ºC)
8,02
Chuvia (L/m2)
222,7
Novembro 2013
Temperatura media (ºC)
8,26
Chuvia (L/m2)
274,6
Novembro 2014
Temperatura media (ºC)
9,09
Chuvia (L/m2)
256,5
Novembro 2015
Temperatura media (ºC)
11,4
Chuvia (L/m2)
106,7

 
Desfrutade da fin de semana e da ponte que parece que en xeral teremos bo tempo, iso si, a xornada de martes parece que nos cruzara unha fronte con precipitacións.


Predición para os próximos días:

-Venres día 4; comezaremos o día con abundante nubosidade e coa posibilidade dalgún pequeno orballo, as nubes seguiran abundantes durante toda a xornada e as temperaturas descenderan moderadamente, as máximas quedaran entorno os 14ºC. Os ventos serán de dirección variable frouxos.
 
 -Sábado día 5; teremos unha xornada de nubes e claros con moitos momentos de sol. As temperaturas máximas tenderan a subir mentres que as mínimas descenderan. Os ventos serán de compoñente suroeste frouxos.
 
-Domingo día 6; comezara a xornada con abundante nubosidade que dará paso a momentos de sol. As temperaturas subiran tanto mínimas como máximas e os ventos serán do suroeste con algo mais de intensidade pola maña.
 
¡¡¡MOI BOA FIN DE SEMANA A TOD@S!!!