xoves, 21 de maio de 2015

Positivos primerizos pola ELA

¿Queres saber cómo afrontar a vida dun xeito máis positivo? Este sábado Álex Dobao contarache cómo facelo na charla "Positivos primerizos". A cita é ás 19:00 horas o sábado 23 de maio de 2015 no teatro de beneficencia do Concello de Ortigueira.



A entrada ao evento é de balde pero haberá unha mesa informativa da Asociación Galega de Afectados de Esclerose Lateral Amiotrófica (AGAELA) na entrada e saída do evento, polo que se queres colaborar coa asociación poderás deixar o teu donativo.

Aquí tes un exemplo de cómo vai ser a charla. O vídeo corresponde a unha charla similar celebrada en Cangas.