O vindeiro sábado 28 de marzo ás 20:00, terá lugar na Casa da Cultura de Cariño un concerto a cargo de Rodrigo Romaní. Neste evento presentarase a obra de Roman "As arpas de Breogán". Rodrigo Romaní, fundador e excompoñente de Milladorio, ven desenvolvendo dende hai tempo unha importante labor arredor da arpa celta.
Está considerado como o máximo expoñente da arpa celta na península.
Tamén é o creador da aula estable de arpa celta no concello de Vigo e máximo responsable da creación de SonDeSeu, a primeira orquestra folk europea que dirixe personalmente.
Aquí podedes escoitar un pequeno adianto deste disco que presentará o próximo venres.
Premer para agrandar

